Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria para conmemorar esta data realizamos esta presentación. Agardamos que vos guste!
BIBLIOCHICHARRÓN
Biblioteca Escolar - C.E.I.P. Plurilingüe de Foz Nº1
3/15/2024
3/12/2024
PLAN DIRECTOR
Hoxe, día 12 de marzo, visitounos un Garda Civil da unidade de SEPRONA. Falounos da Natureza, dos animais, das plantas, dos incendios, de como evitalos, da investigación e da necesidade de coidala.
Esta charla foi para 5º e 6º de Primaria e de unha hora de duración.
Estivo moi interesante.
3/08/2024
A VELLA NA BOTELLA
Aquí vai o traballo de Radio Escolar do alumnado de quinto de primaria. Nesta ocasión organizámonos por grupos de traballo para ilustrar e poñerlle voz ao conto "A vella na botella" de Roberto Mezquita e Alejandro Galindo da Editorial OQO.
A VELLA NA BOTELLA POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA
3/07/2024
XLVIII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DE BEGONTE
O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén electrónico, convocou o XLVIII Certame de debuxo Infantil sobre "O Nadal".
Nel, Dídac García Díaz, alumno de 2º curso de Primaria, acadou un dos tres primeiros premios, dotado con 60 euros e trofeo.
Os premios entregáronnos o 27 de xaneiro no acto de clausura das actividades de O Nadal de Begonte.
Parabéns para Dídac, para a familia e para a titora.
3/05/2024
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro é o Día adicado a conmemorar a data do aniversario do nacemento da escritora, poeta e referente da cultura galega Rosalía de Castro e nós, coma todos os anos, celebrámolo.
- O alumnado de Educación Infantil colaborou na elaboración do mural sobre a escritora e traballaron nas aulas diversos contidos relacionados co tema.
- Os rapaces de Primaria, leron e ilustraron poemas de Rosalía para expoñelos polo cole.
- As nenas e nenos de 2º ilustraron un poema do libro "Cantares Gallegos". Comezaron falando da vida da escritora, escoitaron algúns poemas musicados por Amancio Prada e leron a poesía. Traballaron tamén o vocabulario e buscaron información en internet sobre os alimentos mencionados nos versos. Por último, fixeron un debuxo no que interpretaron o que lles suxería o texto.
3/04/2024
PELÍCULAS E SERIES
Nós, Paula Campo, Eliander, Paula López e Nico, investigamos sobre series e películas infantís, de acción, terror e comedia; así creamos este divertido podcast do que esperamos que disfrutedes moito a súa escoita!
2/26/2024
PODCAST - ANIMAIS DA RÍA DE FOZ
Nós, os alumnos e alumnas de sexto Carla, Emily, Afaf e Amine, fixemos este podcast falando dos animais que habitan na Ría de Foz, como as aves, os peixes, os moluscos...
Para a investigación contamos coa axuda da mestra Lourdes que nos informou sobre os animais máis característicos da Ría. Ademáis fixémolo para completar e colaborar no Proxecto de Centro, "Coida a túa contorna".